mod_easyslider

“A Banda das Crechas é, en esencia, o que a música nunca debeu deixar de ser, unha ferramenta para o contacto humano, para a comunicación. A paixón é o motor deste colectivo aberto que mostra ao mundo a tradición galega no seu lado máis lúdico e participativo e onde se xuntaron tres xeracións de músicos que vibran coas nosas melodías.” Uxía Senlle

Banda das Crechas

A BANDA DAS CRECHAS é a faciana dun universo colectivo que comezamos a construir entre todos hai vintanove anos arredor da conversa, da arte, da música ao vivo, do amor polo propio e a curiosidade polo alleo na Casa das Crechas. Un conxunto aberto, unha banda 2.0 na que músicos habituais e interpretes ocasionais se unen para manter viva a tradición, o son e a emoción da foliada. Este disco é o rexistro dunha desas noites de cante e de baile nas que a Casa das Crechas honra a súa historia converténdose, unha vez máis, no lugar de encontro que leva sendo dende mediados do século XIX .

Dende a gravación do traballo ABDC en 2010, a banda quixo dar un paso cara adiante e mostrar fóra do ambiente habitual a forza dun directo contundente e sen complexos para abrirse a mercados máis profesionalizados e internacionais. ABDC é a banda sonora deste noso universo colectivo. Unha banda sonora que é historia, compromiso e paixón e que ninguén pode interpretar mellor cá Banda das Crechas. Porén, neste grupo de artistas aberto e plural tampouco caben todos os intérpretes. Os outros, os que non están nesta gravación, son todos aqueles que ao longo destes anos fixeron que a música tivese vida na Casa das Crechas. Autores anónimos e autores ben coñecidos, músicos e non músicos que trouxeron as culturasdo mundo e que, no encontro, levaron a nosa cultura polo mundo. Este disco é a melhor homenaxe a todos eles e a todas elas e a todos aqueles espazos que, como a Casa das Crechas, son lugares de encontro... e de paixón.

Foliadas próximas

No events
JSN Megazine template designed by JoomlaShine.com